Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.403

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2001, dos tribunais número 1 e número 2, designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 14 de xuño), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 1 de marzo de 2001, os tribunais 1 e 2 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000, acordaron, de conformidade co disposto nas bases II.1.1.d) da convocatoria, que o cuarto exercicio da fase de oposición se realizará o día 26 de marzo de 2001, ás 17 horas, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública sita na rúa Madrid de Santiago de Compostela, en chamamento único. As portas de acceso abriranse para a realización do exame ás 16.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo ou pluma estilográfica e poderán levar textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2001.

Jaime Bouzada RomeroDomingo Bello Janeiro

Presidente do tribunalPresidente do tribunal

número 1número 2