Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.273

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de marzo de 2001 pola que se fan públicas as vacantes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas, idiomas e inspectores ó servicio da Administración para o curso 2001-2002.

A base segunda da Orde do 10 de outubro de 2000 (DOG do 27 de outubro), pola que se convocaba concurso de traslados para a provisión de prazas vacantes na Inspección educativa e entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas, determinaba que se convocaban as vacantes existentes no momento da convocatoria, as que se producisen ata o 31 de decembro de 2000 e as que resulten da resolución do concurso de cada corpo polo que se concursa, así como as que se orixinasen no ámbito da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a resolución dos concursos convocados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e os restantes departamentos das administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das competencias en materia educativa, sempre que se correspondan con prazas que teñan o seu funcionamento previsto na planificación xeral educativa.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Publicar nos anexos I, II, III, IV, V, VI, VII e VIII desta orde as vacantes para o curso 2001-2002 nos colexios públicos integrados, institutos de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, conservatorios de música, escolas de artes aplicadas e oficios artísticos e sedes da Inspección educativa.

Segundo.-Tódalas vacantes que figuran nos anexos poderán ser obxecto de concurso de traslados, conforme o disposto nas ordes de convocatoria.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2001.

P.D.F. (Acordo 2-3-2000)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria