Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.273

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2001, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, grupo B, convocado por Orde do 17 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 147, do 31 de xullo), pola que se anula unha pregunta do test, se publica a relación de opositores que superaron o primeiro exercicio e se convoca para a realización do segundo exercicio.

En sesión ordinaria celebrada o día 8 de marzo de 2001, o tribunal adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.-Detectado erro na pregunta nº 91, correspondente ó exercicio tipo test da quenda de acceso libre, que podería condicionar de maneira importante a contestación daquela, e para garantir que na citada proba debe permitirse, en todo caso, que se poñan de manifiesto as condicións do coñecemento e aptitude dos aspirantes, como esixe a normativa vixente, o dito tribunal acorda declarar nula e ter como non posta a pregunta anteriormente indicada.

Segundo.-Publícase a relación de opositores que superaron o primeiro exercicio, quedando á disposición dos opositores nos lugares indicados na base II.2.5 da convocatoria.

Terceiro.-Convócanse os opositores da quenda libre e da quenda de promoción interna para a realización do segundo exercicio, o día 31 de marzo de 2001, sábado, ás 9 horas na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado media hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

Para a resolución dos casos prácticos os opositores poderán acudir ó exercicio con calculadora non pro

gramable e textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2001.

José Luis Veiga Castiblánquez

Presidente do tribunal