Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.267

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2001 pola que se convocan dous cursos de segundo nivel de busca e salvamento en montaña e zonas illadas de difícil acceso.

Dentro do programa de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2001, conforme as funcións que ten encomendadas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización de dous cursos de 2º nivel de busca e salvamento en montaña e zonas illadas de difícil acceso que se desenvolverán conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Dota-lo persoal voluntario de protección civil dos coñecementos teórico-prácticos para desempeñar tarefas de busca e salvamento na montañas e zonas illadas e difícil acceso.

Destinatarios.

Os cursos van dirixidos ós membros das agrupacións de voluntarios de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia que previamente superasen o curso básico de protección civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar nestes cursos presentarán, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 31 de marzo de 2001, ás 14 horas.

3. As instancias serán enviadas polo presidente da agrupación correspondente, á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, 36680, A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido.

Xeneralidades. Coordinación do socorro. Protocolos de busca. Distribución de tarefas. Orografía e cartografía. Lectura e interpretación de mapas. Principios básicos de orientación e utilización do compás. Métodos de busca de persoas desaparecidas. Busca en situacións especiais. Técnicas de busca

e salvamento en zonas de difícil acceso. Axentes agresores na montaña. Actuación en situacións de risco vital. Técnicas de inmobilización e traslado con medios convencionais e improvisados. Consellos prácticos para a prevención de accidentes.

Duración e datas.

Os cursos celebraranse ó longo do ano 2001 e terán unha duración de 35 horas lectivas, en xornadas de mañá e tarde.

O primeiro curso realizarase nas datas 2-3-9-10-16-17 de xuño, na provincia de Lugo.

O segundo curso realizarase nas datas 6-7-13-14-20-21 de outubro, na provincia de Ourense.

Prazas.

O número máximo de prazas ofertadas para cada curso é de 30.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 27 de abril de 2001 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Nas provincias de Lugo e Ourense determinarase no seu día o lugar concreto en virtude da climatoloxía existente.

Asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade en tódalas actividades do curso. A falta de asistencia, aínda cando sexa xustificada, a máis dun 10% das horas lectivas programadas, determinará a cualificación de «non apto» no curso.

Certificado de aproveitamento.

Á fin do curso entregaráselles un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada a el e superen as correspondentes probas de coñecementos.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 26 de febreiro de 2001.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade