Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.264

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de febreiro de 2001 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2001.

Advertido erro no texto da citada orde, publicada no DOG nº 44, do venres 2 de marzo, cómpre publica-las correccións seguintes:

Modifícase o artigo 1º polo que segue:

Artigo 1º.-Períodos hábiles para a pesca de salmón (salmo salar).

«Do 18 de marzo ó 22 de xullo nos coutos de Abres, San Tirso e A Pontenova (río Eo) compartidos con Asturias.

Do 6 de maio ó 22 de xullo no couto de Celeiro (río Masma), no couto de Viveiro (río Landro), no couto de Betanzos (río Mandeo), nos coutos de Sinde e Couso (río Ulla) e no couto de Frieira no río Miño.

Nos ríos Mandeo, Landro e Miño (couto de Frieira), autorízase a captura de 5 salmóns en toda a tempada, adiantándose o seu peche ó completarse as ditas cotas.

Nos ríos Ulla e Masma autorízase a captura de 10 salmóns en toda a tempada, adiantándose o seu peche ó completarse a dita cota.

Nas restantes masas de auga da Comunidade Autónoma non se autoriza a pesca do salmón».

No artigo 2º.-Períodos hábiles para a pesca do reo (salmo trutta trutta).

No punto «Do 6 de maio ó 30 de setembro...» debe suprimirse o couto de Soutomaior (río Verdugo).

No artigo 5º.-Prescricións especiais para cebos.

Outras especies.

Onde di:

«No réxime de embalses permítese o cebado das augas con pensos».

Debe dicir:

«Nos encoros nos que se permite a ceba das augas para a pesca de ciprínidos, poderanse empregar pensos».

No artigo 6º.-Excepcións nas dimensións mínimas e cotas de captura no caso da troita.

Deberase incluír:

«Couto de Souto de Vea (río Vea), con dimensión de 19 cm e coa cota de 5 exemplares».

Onde di:

«Nos coutos e tramos antes citados non se poderá estar en posesión de troitas menores de 21 cm...».

Debe dicir:

«Nos coutos e tramos antes citados non se poderá estar en posesión de troitas de menor tamaño ó indicado no anterior cadro...».

No anexo I.-Horarios de Pesca: substituír no cadro existente as filas 3ª e 4ª.

Onde di:

1-2-200129-2-20017h 25m20h 00m

30-2-200125-3-20017h 40m20h 40m

Debe dicir:

1-2-200128-2-20017h 25m20h 00m

1-3-200125-3-20016h 40m20h 40m

No anexo II, páxina 2.671; provincia de Pontevedra, río Tea.

Onde di:

«250 m augas arriba da depuradora de Mondariz Bº».

Debe dicir:

«250 m augas abaixo da depuradora de Mondariz Bº».

No anexo II, páxina 2.671; pronvincia de Pontevedra, río Loira.

Onde di:

«Ponte Nego (Marín)».

Debe dicir:

«Ponte Neibo (Marín)».

No anexo IV, páxina 2.672; réximes especiais da provincia de Lugo.

Río Eo e afluentes.

Onde di:

«A tempada da troita comezará o 19 de marzo...».

Debe dicir:

«A tempada da troita comezará o 18 de marzo...».

No anexo V, páxina 2.674; réximes especiais da provincia de Ourense».

Río Arenteiro.

Onde di:

«O tramo do Couto do Carballiño comprendido entre...».

Debe dicir:

«No Couto do Carballiño son días inhábiles para a pesca tódolos luns e xoves excepto festivos.O tramo comprendido entre...».