Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.262

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2000, do convenio colectivo do sector da construcción.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo para o sector da construcción, con nº de código 3600435, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-1-2001, subscrita pola comisión paritaria do convenio en data 17-1-2001. De conformidade co disposto no artigo 30 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de xaneiro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria do convenio colectivo

da construcción

Asistentes:

UGT:

José C. Rodríguez del Río.

Lourdes Diz Lorenzo.

Jesús Crespo Araújo.

Ramón Carrera Molares.

Francisco Peixoto Costas.

CC.OO.:

Francisco Estévez Rodríguez.

Laureano Barros Salgueiro.

José Ramón Fontenla Abal.

José Figueroa García.

José Joaquín Dasilva Meira.

CIG:

Xosé Xoán Melón González.

Alberto Fernández Campo.

APEC:

Anselmo Hernández Luján.

José M. Conde Roque.

Jesús Franza Morcate.

Jesús Fontán Piñeiro.

Asesora:

Yolanda Carballo Muñoz.

En Vigo o 17 de xaneiro de 2000, na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC), previamente convocados, reúnense as persoas citadas, nas representacións que se indican co obxecto proceder á revisión das táboas salariais correspondentes ó ano 2000, en virtude da cláusula de garantía salarial prevista no artigo 30 do convenio colectivo provincial para o sector da construcción, que di textualmente:

Artigo 30

A) No suposto de que o incremento anual do índice de prezos ó consumo (IPC) o 31 de decembro de 2000 supere o 2,5 por cento, efectuarase unha revisión económica sobre o exceso da dita porcentaxe afectando ós conceptos económicos: salario, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complemento extrasalarial.

Esta revisión levarase a cabo unha vez que o INE constate oficialmente o IPC real do ano 2000 e aboarase con efectos do primeiro de xaneiro do dito ano. A táboa resultante é a que figura como anexo a esta acta co número 1.

B) Se o IPC a 31 de decembro de 2000 é superior ó 2% efectuarase unha revisión económica para ese ano no exceso producido para efectos de que sirva de base para as táboas salariais do convenio do ano seguinte.

A dita revisión, se é o caso, afectará ós conceptos previstos no parágrafo primeiro.

A táboa resultante é a que figura como anexo a esta acta co número 2.

Con respecto ás retribucións salariais que figuran no artigo 18, contrato para a formación, quedan da forma seguinte:

Con efectos do 1 de xaneiro de 2000, deberanse actualiza-las retribucións segundo se sinala a seguir:

De 16 a 17 anos: 78.656 pesetas.

De 18 a 24 anos: 96.449 pesetas.

Para efectos de que sirva de base para as táboas salariais do convenio do ano 2001, as retribucións que se sinalan a seguir:

De 16 a 17 anos: 79.029 pesetas.

De 18 a 24 anos: 96.907 pesetas.

Para efectos das actuacións necesarias para obte-lo rexistro e publicación da revisión salarial do convenio colectivo provincial da construcción para o ano 2000 acórdase autorizar a Yolanda Carballo Muñoz para levar a termo cantas xestións sexan oportunas en nome da comisión paritaria.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión.

Táboa 1

Táboa de salarios 2000 rev. 1,5%

Complemento extrasalarial

NivelSalario 14

pagas iguais

DíaMesTotal anualHora extra sen

complementos

II171.35955111.0202.520.2462.385

III-IV134.18155111.0201.999.7541.868

V125.22755111.0201.874.3981.743

VI121.45255111.0201.821.5481.691

VII121.02455111.0201.815.5561.685

VIII120.75855111.0201.811.8321.681

IX118.72555111.0201.783.3701.653

X116.44455111.0201.751.4361.621

XI-XII115.20355111.0201.734.0621.604

XIII78.6563767.5201.183.904

Táboa 2

Táboa de salarios 2000 rev. 2%

Complemento extrasalarial

NivelSalario 14

pagas iguais

DíaMesTotal anualHora extra sen

complementos

II172.17455411.0802.532.3162.397

III-IV134.81855411.0802.009.3321.877

V125.82255411.0801.883.3881.751

VI122.02955411.0801.830.2861.699

VII121.59855411.0801.824.2521.693

VIII121.33155411.0801.820.5141.689

IX119.28855411.0801.791.9121.661

X116.99655411.0801.759.8241.629

XI-XII115.75055411.0801.742.3801.611

XIII79.0293787.5601.189.566