Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.258

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 56/2001, do 13 de marzo, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Con motivo da viaxe do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, a Hispanoamérica é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, con motivo da súa viaxe a Hispanoamérica, encárgaselle o despacho dos asuntos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, desde o día 15 de marzo ata o seu regreso, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, trece de marzo de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente