Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.258

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 6 de marzo de 2001 pola que se nomean vocais compoñentes do Consello Galego de Medio Ambiente.

O Decreto 155/1995, do 3 de xuño, establece a regulación do Consello Galego de Medio Ambiente, determinando que serán nomeados como vocais os representantes das organizacións, institucións e departamentos autonómicos relacionados no seu artigo 3, todos eles con especial vinculación coa protección do ambiente.

Por otra banda, o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Galego de Medio Ambiente, aprobado no Pleno con data do 12 de abril de 1996, establece a posibilidade de cesa-los seus membros por proposta das organizacións, institucións ou autoridades que promoveron o seu nomeamento, debendo presenta-la oportuna proposta de novo nomeamento ó presidente do Consello, polo que, solicitado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais o cesamento do vocal designado, procede acordalo e nomea-lo novo representante proposto.

Por todo isto, en uso da atribución outorgada polo artigo 4 do Decreto 155/1995, do 3 de xuño, polo que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente, e tendo en conta que o citado órgano consultivo foi adscrito á Consellería de Medio Ambiente en virtude do Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese como experto suplente do Consello Galego de Medio Ambiente, en representación da entidade que se cita, agradecéndolle os servicios prestados:

Florencio Moreno García como experto en sanidade ambiental, suplente, en representación da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Artigo 2º

Designar como experto en sanidade ambiental suplente do Consello Galego de Medio Ambiente, en substitución do que causa baixa pola presente orde, a persoa que a continuación se relaciona:

Ángel Gómez Amorín como experto en sanidade ambiental suplente, en representación da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Artigo 3º

Despois do dito cesamento e nomeamento, os vocais do Consello Galego de Medio Ambiente por

proposta e en representación das entidades que se citan, son os seguintes:

Como expertos/as designados/as polos órganos autonómicos sectoriais, pola área ambiental de sanidade ambiental:

Como titular: Sagrario Pérez Castellanos.

Como suplente: Ángel Gómez Amorín.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2001.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente