Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

EDICTO.

Este concello recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo (sección terceira) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia escrito polo que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo número 03/0008756/2000 E.M., interposto por Marina Martínez Ferreira, Yolanda Fontán Fernández, José Manuel Soto Virulegio, Alfredo Casal Bouzón e José Marcial Pérez Abreu, contra acordo deste concello do 17-7-2000, polo que se aproba definitivamente a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por ensinanzas especiais nos establecementos docentes do concello.

Na súa consecuencia, polo Pleno do Concello, na súa sesión de data 22 do mes que andamos, acordouse a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido órgano xudicial. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento referido e emprázanse, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa, para que poidan comparecer como parte ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días contados a partir do seguinte á última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia ou BOP de Pontevedra.

Redondela, 26 de febreiro de 2001.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde