Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 29 de xaneiro de 2001, adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente por instancia de Edificaciones, Puente de Mera, S.L. o estudio de detalle para ordenación de volumes dos predios 01, 02, 03 e 04 do polígono catastral de urbana 25.729, sita na avenida de Xeneral Franco, s/n de Ortigueira, de conformidade co proxecto redactado polo arquitecto Manuel Varela Caabeiro.

Segundo.-Ordena-la publicación desta resolución na forma legalmente prevista e que se realicen os demais trámites regulamentarios ata a súa aprobación definitiva.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que se formulen as alegacións que se con

sideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ortigueira, 30 de xaneiro de 2001.

Antonio Campo Fernández

Alcalde