Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a publicación do acordo de apertura e prego de cargos formulados no expediente sancionador C-90/00, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Nesta delegación provincial séguese expediente sancionador número C-90/00, contra Antonio González Rodríguez, DNI 32.757.310, titular do establecemento denominado base 2 e a empresa operadora Automáticos Jomar, S.L. (CIF B-15-110-588) por presunta infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, no que se resolveu, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

publica-lo acordo de iniciación e o prego de cargos, por non poder notificalo no domicilio particular de Antonio González Rodríguez.

Acordo de apertura.

O director xeral de Interior e Protección Civil por delegación do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais con data do 5 de decembro de 2000 adoptou o seguinte acordo:

1. Incoar expediente sancionador, de acordo co establecido na Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar:

Á empresa operadora Automáticos Jomar, S.L., CIF B-15.110.588.

Ó titular do establecemento Antonio González Rodríguez, DNI 32.757.310.

2. Nomear instructora e secretario do procedemento respectivamente a María Silva Costoya e José María Díaz Barús.

3. Adoptar como medida provisional o precinto e comiso da citada máquina tipo B por encontrarse coa autorización de explotación C-5728 e que corresponde a outra máquina instalada noutro establecemento e adhesivo da taxa fiscal do ano que estamos nº 5728.

Prego de cargos.

1. Te-la empresa operadora Automáticos Jomar, S.L.,

o día 20 de novembro de 1998, no establecemento denominado base 2 sito na rúa Magistrado Manuel Artime do Concello da Coruña, do que é titular Antonio González Rodríguez, unha máquina recreativa tipo B modelo B-2043, serie nº 98-230, con guía de circulación nº 1367647, autorización de explotación C-5728 da máquina modelo B-1953, serie nº 95-2519 e adhesivo da taxa fiscal do ano en curso C-5728. No momento da inspección a máquina carece de boletín de instalación e comunicación de instalación.

De conformidade co que se determina na orde da delegación provincial con data do 24-11-1998 procédese o día 26-11-1998 ó precinto da máquina, e a retira-la documentación da citada máquina para a súa verificación e comprobación.

2. Tales feitos poderían constituír unha infracción moi grave tipificada no artigo 28 m) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia), modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño, de tributación sobre o xogo.

3. De considerarse como moi grave corresponderíalle segundo o artigo 31 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, unha multa de 1.000.001 ata 2.000.0000 de pesetas, que se poderá elevar ata 10.000.000 de pesetas en caso de reincidencia.

De conformidade co artigo 32.2º da Lei 14/1985, as sancións por infraccións moi graves serán impostas polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta

do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

O que se lle notifica de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar, dispoñendo o interesado dun prazo de oito días a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que alegue e presente a documentación que estime pertinente na súa defensa, así como solicita-lo recibimento a proba do expediente expresando os puntos de feito sobre os que versará e articulando a proba de que intente valerse. E de conformidade co artigo 13.1º c) do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, poderá recusa-la instructora e o secretario do procedemento segundo o recollido no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Segundo sinala o artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, no suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

En cumprimento do disposto no artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), comunícaselle que o prazo para resolver e notificar o procedemento é de seis meses, contado desde o acordo de apertura (artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993) e no suposto do vencemento do prazo sen ter dictada resolución producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións (artigo 44.2º da LRXPAC).

A Coruña, 28 de febreiro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña