Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Ameixeiras y Testeiros. (Expediente 00/3-0 EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Gamesa Energía, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, 15075 Santiago de Compostela (A Coruña), sobre autorización de instalacións do parque eólico denominado Ameixeiras e Testeiros; resultan os seguintes,

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 17 de novembro de 1999, Luis Caamaño Martínez, en nome e representación de Gamesa Energía, S.A., solicitou a autorización administrativa e aprobación de proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Ameixeiras y Testeiros, de 49,5 MW, achegando a documentación estable

cida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ámbolos dous de aplicación ó presente expediente en vigor en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-As características básicas do mencionado proxecto son:

Localización e coordenadas poligonais:

Nome

Municipios

Vértices

XY

Ameixeiras e TesteirosForcarei559.0004.712.000

Lalín560.5004.712.000

O Irixo561.5004.711.000

560.0004.710.000

559.5004.709.000

562.5004.711.000

562.5004.710.500

562.0004.709.500

562.5004.709.500

562.5004.708.500

561.5004.708.000

562.0004.707.000

561.0004.707.000

560.5004.707.500

559.5004.707.500

559.0004.707.000

557.5004.707.000

558.0004.708.000

559.0004.708.000

559.0004.709.000

559.5004.711.000

564.0004.714.500

564.5004.715.000

567.0004.714.500

567.0004.711.000

566.0004.711.000

566.5004.709.500

565.5004.710.000

565.0004.709.500

565.0004.707.000

562.0004.707.000

563.5004.708.000

564.0004.707.500

564.0004.710.000

Nome

Municipios

Vértices

XY

563.5004.711.000

563.5004.711.500

564.0004.711.500

564.5004.711.000

564.5004.711.500

564.0004.712.000

564.0004.713.000

565.0004.712.000

566.0004.711.500

566.5004.711.500

566.5004.713.000

Nº de aeroxeradores: 75.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Xeradores: G47-660 de Gamesa Eólica.

Potencia total instalada: 49,5 MW.

Producción anual estimada: 145.926 MWh.

Investimento previsto: 6.620.983.104 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-75 centros de transformación de 775 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados no interior da torre cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/220 kV.

Subestación transformadora 20/220 kV para evacuación de enerxía, composta por un transformador principal 20/220 kV de 50 MVA de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,38 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionadores, manobra, medida e protección.

Terceiro.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, 2619/1966, xa mencionados, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, de 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, Decreto 205/1995, e Decreto 442/1990, de 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, mediante resolución da Dirección Xeral de Industria do 29 de maio de 2000, publicado no BOP de Ourense do 15 de xuño, BOP de Pontevedra do 20 de xuño, o diario La Voz de Galicia do 22 de xuño, no DOG do 22 de xuño, no BOE do 1 de xullo, e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Forcarei, Lalín e O Irixo.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. María e Flora Pérez Fernández alegan que a afección provocada no seu predio por un vial do parque fai antieconómica a súa explotación e solicitan un trazado alternativo por monte comunal ou ben que se compre a totalidade do predio.

2. Samuel Crespo Dobarro, na súa condición de presidente da CMVMC parroquia de Zobra alega:

-Prexuízos na caza; na paisaxe e no turismo rural; nun proxecto de repoboación forestal subvencionado; así como prexuízos na apicultura e nas aves polo que solicita compensacións.

-Que os lindes que figuran no proxecto se estableceron segundo a resolución da D.X. de Montes do 28-2-2000.

-Posibles erros de localización e medidas dos predios, que lles crean indefensión por falta de medios.

3. Ramón Acevedo Guerra alega:

-Efectos negativos no contorno e na posibilidade de desenvolvemento de turismo rural.

-Que o proxecto está en oposición co Planeamento Urbanístico e é incompatible co establecido na Orde de 28 de outubro de 1999 da Consellería de Medio Ambiente pola que se declara provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, como espacios naturais en réxime de protección xeral.

-Que a afección do predio nº 34 é errónea, non é de monte baixo senón monte alto de piñeiros e eucaliptos de máis de 20 anos e terase en conta as afeccións dun aeroxerador no predio colindante.

4. Jesús Acevedo Guerra manifesta que existe un erro nos lindes do predio 36.

5. María Villanueva Moa e 24 veciños máis manifestan:

-Oposición á autorización administrativa e á declaración de utilidade pública por varias razóns: de impacto ambiental e paisaxístico, debidas ós campos eléctricos creados polas liñas eléctricas, polos prexuízos xerados na auga debidos á citada instalación.

-Inexistencia do Estudio de Impacto Ambiental.

-Prexuízo patrimonial polas servidumes creadas nas súas propiedades.

6. Martiño Nercellas Méndez, en representación da Federación Ecoloxista Galega manifesta que Ameixeiras e Testeiros e Masgalán Campo do Coco deberían ser considerados como un único parque de 99 MW, por razóns de proximidade e por compartir liña de evacuación; por conseguinte, a autorización debería depender do Ministerio de Industria.

7. Victorino Ramos González, na súa condición de presidente da xunta rectora do MVMC O Testeiro, manifesta:

-A existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados.

-No Irixo o parque está en solo non urbanizable de protección especial de leitos fluviais e de paisaxe natural.

-O proxecto peca de vicios e defectos que o fan inviable para ser tramitado como proxecto de execución e sectorial.

-Non se tramitou o expediente previo de prevalencia.

Luis Teijeiro Rodríguez, en nome e representación da mesma xunta rectora, engade que as distancias das máquinas ás vivendas non son suficientes para garantir que o nivel de ruído sexa baixo; solicita unha distancia mínima de 1 km, de acordo coas NN.SS. de Conil da Fronteira.

8. Manuel Dobarro Crespo manifesta en relación coa parcela nº 44, non se-lo propietario da citada parcela, sendo a propietaria Manuela Dobarro Acevedo.

9. As alegacións ambientais foron remitidas ó órgano ambiental e previstas na declaración de impacto ambiental do citado parque.

Cuarto.-O 24 de xaneiro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, notificándose ó promotor o 13-2-2001.

A localización e coordenadas U.T.M. dos aeroxeradores A-38 a A-44 e A-75, así como o trazado das gabias de cableado e viais de acceso a estes, estableceranse unha vez que sexa recibida, avaliada e informada favorablemente a documentación requirida no punto 10.1 da DIA.

Exclúese do ámbito desta DIA a parte de poligonal correspondente á zona das Ameixeiras, na que non está proxectada a instalación de aeroxeradores nin a construcción de infraestructuras, definida polas seguintes coordenadas UTM:

Vértice XVertice Y

559.0004.712.000

560.5004.712.000

561.5004.711.000

560.0004.710.000

559.5004.709.000

562.5004.711.000

562.5004.710.500

562.0004.709.500

562.5004.709.500

562.5004.708.500

561.5004.708.000

562.0004.707.000

561.0004.707.000

560.5004.707.500

559.5004.707.500

559.0004.707.000

557.5004.707.000

558.0004.708.000

559.0004.708.000

559.0004.709.000

559.5004.711.000

Con esta exclusión a DIA afecta só ós concellos de Lalín e O Irixo.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

Con respecto a posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón delas, non obstante será durante o levantamento de actas ó será oportunamente convocado, o momento no que pode demostra-la titularidade delas, achegando a documentación acreditativa necesaria.

Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas, por non seren obxecto desta fase do expediente. Correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes así como na natureza dos terreos afectados estas tomaranse en consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación incluíndose na correspondente folla de aprecio, cando se proceda á declaración de utilidade pública da dita instalación.

Non podemos aceptar a alegación presentada por María e Flora Pérez Fernández por ser relativa á utilidade pública; esta será tida en conta cando se proceda á súa declaración.

En canto á alegación formulada pola CMVMC parroquia de Zobra, cabe dicir que:

a) O impacto socioeconómico do proxecto tívose en conta á hora de formula-la declaración de impacto ambiental. Por outra banda, a valoración das afeccións ás parcelas non é obxecto desta fase do expediente, correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

b) A expropiación forzosa esténdese co propietario que actualmente ten recoñecido o dereito como tal, sen prexuízo de que sentencias firmes posteriores establezan unha distribución distinta da propiedade, nese caso, procederase a realiza-las modificacións oportunas.

c) Será o levantamento de actas o momento no que pode demostrar a titularidade dos predios, achegando a documentación acreditativa necesaria.

En relación coa alegación formulada por Ramón Acevedo Guerra, cabe dicir que:

* O impacto socioeconómico do proxecto tívose en conta á hora de formula-la declaración de impacto ambiental.

* A alegación de carácter urbanístico será considerada no momento de proceder á resolución da aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

7. Non podemos acepta-la alegación formulada pola Federación Ecoloxista Galega, relativa á acumulación de expedientes de P.E. Ameixeiras-Testeiros e P.E. Masgalán-Campo do Coco por tratarse de dous expedientes distintos e cada un co seu correspondente proxecto.

8. En canto ás alegacións formuladas pola CMVMC do Testeiro, cabe dicir que:

* O proxecto de execución cumpre os requisitos esixidos pola lexislación vixente.

* A alegación de carácter urbanístico será considerada no momento de proceder á resolución da aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

* Non se pode estudia-la posibilidade de prevalencia dunha instalación sobre outra, ata que se declare a utilidade pública da dita instalación.

* Non podemos acepta-la alegación referida á distancia dos aeroxeradores ás vivendas, xa que o nivel de presión acústica recollido no estudio de impacto ambiental está por debaixo dos límites legais permitidos.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedimentais sinalados no Decreto 2617/1966 e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizar a Gamesa Energía, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Ameixeras e Testeiros, que se situarán nos concellos de Lalín e O Irixo.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

-Recoñecer a esa instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Gamesa Energía, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 132.419.662 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, artigo 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 6.620.983.104 pesetas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, as delegacións provinciais de Industria e Comercio de Pontevedra e Ourense poderán autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicten en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, as delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e Ourense inspeccionarán a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Gamesa Energía, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 24 de xaneiro de 2001, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Sétima.-A Administración reseva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria