Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2001 Páx. 3.213

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada en materia de obxección de conciencia interposto por David Ávila Suárez.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta consellería o recorrente David Ávila Suárez, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que foi dictada resolución en relación co recurso de alzada en materia de obxección de conciencia, no que se resolveu:

Desestima-lo recurso de alzada presentado, por considerar que non existe causa para o atraso na incorporación do obxector David Ávila Suárez á prestación social substitutoria.

Contra a dita resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, contados

desde o día seguinte ó da notificación desta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2001.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais