Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 727/2000.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderá exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, e presenta-las alegacións que coide oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 727/2000.

Acta inf. nº: 894/2000.

Empresa: Imaco, S.L.

NIF/DNI: B-15715014.

Enderezo: A Xira, nº 9, Sigrás (Cambre).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 250.100 ptas.

Documentos existentes no expediente:

-Acta de infracción.

-Xustificantes da notificación.

-Alegacións de Construcciones y Reformas Ange, S.L.

-Informe da inspección de traballo confirmatorio da acta.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña