Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 91/2000 Min, por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que o expedientado poida ter coñecemento do contido dela, a proposta de resolución do expediente sancionador nº 91/2000 Min, por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

Fáiselle saber así mesmo o dereito que o asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte á publicación desta cédula.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 2001.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: Nº 91/2000 Min.

Denunciado: Autoservicio García, propiedade de Josefa Peón Míguez.

Último enderezo coñecido: r/ Heroes, nº 10, Pontevedra.

Feito denunciado: infraccións en materia sanitaria e de protección da saúde.

Precepto infrinxido:

-Real decreto 381/1984, do 25 de xaneiro, polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria do comercio retallista de alimentación.

-Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.

Precepto sancionador:

-Lei 14/1986 xeral de sanidade.

-Decreto 157/1985, do 11 de xullo, da Xunta de Galicia.

Sanción imposta: 50.000 pesetas.