Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/26-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: r/ García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Castelo-Lérez.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 382 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. existente entre os CC.TT. Piolla e Gatomorto, ata o C.T. que se proxecta en Castelo-Lérez, no Concello de Pontevedra. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra