Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/28-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: r/ García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. travesía de Vigo-Troncal-oficinas Fenosa.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 185 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde unha cela de M.T. da L-14 da sub. Troncal, ata o C.T. que se proxecta para as oficinas de Fenosa en Troncal-Travesía de Vigo, no concello de Vigo, rematando nun empalme coa L-14 dentro da sub. Troncal. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra