Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T. e R.B.T. de Viñao, Pazos, Lamas e Quintela, no concello de Punxín. (Expediente IN407A 00/56-3 A.T.).

Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificación na rúa Sáenz Díez, nº 45, 32003 Ourense, solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1996, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expro

piación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentaron alegacións os titulares afectados que se indican, as cales se desestiman, á vista do escrito de contestación presentado pola empresa beneficiaria, polas razóns indicadas en cada caso:

-Mª Teresa Fernández Vázquez (predio nº 6 da L.M.T. á C.T. Quintela). Relativas á perda de valor dos terreos afectados, afección a predio colindante da súa propiedade e indica a posibilidade de instalación por zona de dominio público. As alegacións de tipo económico quedan fóra desta fase do procedemento e serán resoltas no seu día polo Xurado Provincial de Expropiación logo de ve-las respectivas follas de valoración contradictorias; a liña eléctrica está deseñada para aumenta-la seguridade e mellora-la calidade de subministración daqueloutra da mesma tensión á que substitúe. O trazado alternativo implicaría a outros afectados non incluídos no presente expediente expropiatorio que poderían manifestarse no mesmo sentido que a alegante.

-María Luisa Puga Conde (predio nº 10 da L.M.T. a Vilamoure). Alega que existe prohibición ó paso de liñas eléctricas na súa propiedade ó darse o suposto que establece o artigo 25 do Decreto 2619/1966 e as limitacións do artigo 26. Neste sentido cabe dicir que a construcción existente no predio, como se acredita co certificado emitido polo Concello de Punxín e polos informes que constan no expediente, está na actualidade en estado ruinoso e non pode ser considerada como vivenda ó non reuni-las condicións necesarias de habitabilidade, polo tanto non se darían os supostos previstos na norma indicada.

-María Pilar Fernández Fernández (predio nº 4 da L.M.T. ó C.T. de Vilamoure e nº 5 da L.M.T. ó C.T. de Santo Estevo) e María del Pilar Fernández López (predio nº 6 da L.M.T. ó C.T. de Santo Estevo) presentan escritos nos que propoñen unha variante que tamén se trasladan a esta delegación provincial a través do Concello de Punxín. Esta variante incumpliría o sinalado no artigo 26 do Decreto 2619/1966, ó non se dar conxuntamente as condicións que aquel sinala, como indica a empresa beneficiaria, e afectaría outros propietarios que se poderían manifestar en igual sentido que as alegantes. Os erros de medición e outras correccións serán apreciadas, de se-lo caso, polo perito da Administración no momento do levantamento das actas previas á ocupación, para as que serán oportunamente citadas.

Vista sobre o terreo a citada traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que naquela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

1. Autorizar a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos para un orzamento de 19.541.381 pesetas:

-Liñas eléctricas a 20 kV en conductor espido LA-56, de 308 m, 238 m e 312 m, con orixe en apoios de formigón existentes da L.M.T. Viñao-Rañestres, e final respectivamente nos centros de transformación proxectados de Vilamoure, Lamas e Santo Estevo.

-Liñas eléctricas a 20 kV en conductor espido LA 56, con orixe en apoios existentes da L.M.T. a Parada, e final respectivamente no centro de transformación existente de Quintela e no proxectado de Viñao, de 117 m a primeira e 13 m a segunda.

-Centros de transformación intemperie de Vilamoure (100 kVA); Lamas (50 kVA); Santo Estevo (50 kVA); e Viñao (50 kVA). Todos eles con r/t 20/0,380-0,220 kV.

-Liñas eléctricas de baixa tensión en Vilamoure (685 m); Lamas (270 m); Santo Estevo (95 m); Quintela (1.625 m); e Viñao (420 m). Todas elas en conductor tipo RZ e apoios de formigón.

2. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios deles e zonas de servidume pública.

3. Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 26 de maio de 2000, que se publicou no DOG do 28 de xuño, no BOP de Ourense do 21 de xuño e no xornal La Región do 8 de xuño.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 8 de xaneiro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense