Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/113-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Retevisión Móviles, S.A.

Domicilio social: avda. Diagonal, 579, 08017 Barcelona.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. reemisor monte San Bartolomé.

Situación: Boborás.

Características técnicas: liña a 20 kV aérea de 65 m derivada desde a L.M.T., de U. Fenosa, S.A ó C.T. de Cameixa, e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión derivada do C.T. para antena móbil-Amena.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 14 de decembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense