Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.162

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2001 pola que se convocan cursos de inglés e francés.

Dentro do programa de actividades de formación da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2001, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases xerais e específicas:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación que, como modelo oficial, se recollen nos anexos II e III desta resolución, respectivamente.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso no presente ano.

3. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

4. As solicitudes, dirixidas ó director da EGAP, presentaranse no rexistro xeral da escola, sita na rúa de Madrid, 2-4, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. A selección para os cursos básicos realizarase de acordo co previsto con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3-8-1994), tendo en conta a relación do posto de traballo co contido do curso e os cupos de reserva para cada Administración.

2. A selección para os cursos medios e superiores farase en función do resultado dunha proba de nivel

que deberán realizar tódolos candidatos. Dentro do nivel adecuado darase preferencia ós candidatos que acrediten a relación do posto de traballo co contido do curso.

3. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da EGAP e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixa-la realización das probas ou a presentación dos traballos que considere oportuno.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia da certificación recibida ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de seleccionados sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente. O mesmo poderá suceder se durante a realización do curso se constata unha inasistencia inferior a esa cifra.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

* Curso: inglés medio.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos da lingua inglesa a un nivel medio, de xeito que permita establecer contactos esporádicos na dita lingua e conseguir unha comunicación e comprensión con certo grao de eficacia.

2. Destinatarios.

O curso vai dirixido preferentemente ó persoal con destino nas administracións autonómica, local, universitaria, parlamentaria, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo que no desempeño do seu posto

de traballo realice funcións relacionadas co contido do curso. Absteranse de solicitar este curso as persoas que xa teñen o certificado de asistencia. Os solicitantes deberán presentarse a unha proba de nivel de coñecementos que terá lugar no salón de actos da EGAP o día 28 de marzo ás 17 h.

3. Desenvolvemento do curso.

3.1. Duración: 90 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela.

3.3. Datas: de abril a decembro.

3.4. Horarios: martes e xoves de 19 a 21 horas.

3.5. Prazas: 20, das que 11 serán para o persoal da Xunta de Galicia, sempre que reúna os requisitos de nivel derivados da realización da proba que se practique.

4. Contido básico.

Solicitar ou dar información. Expresión e comprensión de pensamento obxectivo e subxectivo. Persuasión. Usos sociais da lingua. Descrición. Emprego de estructuras temporais.

* Curso: inglés superior.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos máis profundos da lingua inglesa para relacionarse de forma eficaz, oralmente ou por escrito, con persoas ou institucións de países anglófonos.

2. Destinatarios.

O curso vai dirixido preferentemente ó persoal con destino nas administracións autonómica, local, universitaria, parlamentaria, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo que no desempeño do seu posto de traballo realice funcións relacionadas co contido do curso. Absteranse de solicitar este curso as persoas que xa teñen o certificado de asistencia. Os solicitantes deberán presentarse a unha proba de nivel de coñecementos que terá lugar no salón de actos da EGAP o día 26 de marzo ás 18.30 h.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 90 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela.

3.3. Datas: de abril a decembro.

3.4. Horarios: martes e xoves, de 17 a 19 h.

3.5. Prazas: 20, das que 11 serán para o persoal da Xunta de Galicia, sempre que reúna os requisitos de nivel derivados da realización da proba que se practique.

4. Contido.

-Consolidación dos tempos verbais, facendo fincapé na correspondencia dos tempos: condicionais, compostos, etc.

-Afondamento no uso dos phrasal verbs.

-Adquisición de vocabulario especializado.

-Pronuncia-las formas distintas da lingua inglesa, e a súa compresión.

-Desenvolvemento de ideas complexas.

* Curso: francés básico.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos da lingua francesa.

2. Destinatarios.

O curso vai dirixido preferentemente ó persoal con destino nas administracións autonómica, local, universitaria, parlamentaria, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo que no desempeño do seu posto de traballo realice funcións relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento do curso.

3.1. Duración: 90 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela.

3.3. Datas: de abril a decembro.

3.4. Horarios: luns e mércores de 17 a 19 horas.

3.5. Prazas. 20, das que 11 serán para a administración autonómica, 4 para a local, 2 para a universitaria, 1 para a do Parlamento, 1 para o Consello de Contas e 1 para o Valedor do Pobo.

4. Contido.

Vocabulario. Pronuncia. Estructuras gramaticais. Comprensión básica. Formulación e contestación de preguntas. Análise de situacións concretas da vida corrente.

* Curso: francés superior.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos especializados da lingua francesa para relacionarse de forma eficaz, oralmente ou por escrito, con persoas ou institucións de países francófonos.

2. Destinatarios.

O curso vai dirixido preferentemente ó persoal con destino nas administracións autonómica, local, universitaria, parlamentaria, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo que no desempeño do seu posto de traballo realice funcións relacionadas co contido do curso. Absteranse de solicitar este curso as persoas que xa teñen o certificado de asistencia. Os solicitantes deberán presentarse a unha proba de nivel de coñecementos que terá lugar na aula 5 da escola o día 27 de marzo ás 17.30 h.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 90 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela.

3.3. Datas: de abril a decembro.

3.4. Horarios: luns e mércores, de 19 a 21 h.

3.5. Prazas: 20, das que 11 serán para o persoal da Xunta, sempre que reúna os requisitos de nivel derivados da realización da proba que se practique.

4. Contido.

-Introducción.

-A comunicación teléfonica.

-A correspondencia.

ANEXO III

D.................... secretario xeral delegado provincial/responsable dos Servicios de persoal na Consellería/Delegación de

Certifico:

Que Don/Dona, no desempeño do seu posto de traballo de

realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso

......................, ......... de............. de 2001.

Asdo.:.............

(1) Especifique a denominación do curso solicitado.