Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.147

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 16 de xaneiro de 2001 pola que se clasifica como formativo-ocupacional a Fundación Laboral da Pizarra.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 29, do 9 de febreiro de 2001, cómpre efectua-las oportunas correccións:

Na páxina 1.738, columna primeira, liña 43, onde di: «interveñen José Fernández Fernández en nome e representación da central sindical Comisións Obreiras Federación Mineirometalúrxica de Galicia», debe dicir: «interveñen José Fernández Fernández no nome e representación da Asociación Galega de Louseiros, Manuel Ojea Prada e Lázaro Fernández López no nome e representación da central sindical Comisións Obreiras Federación Mineirometalúrxica de Galicia».