Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2001 Páx. 3.146

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 26 de febreiro de 2001 pola que se nomean membros do Consello Galego de Cooperativas.

O Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e funcionamento do Consello Galego de Cooperativas, desenvolve as previsións contidas na súa norma de creación, a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, regulando no seu artigo 4 a composición, e no artigo 5 o procedemento de nomeamento dos membros deste órgano.

Ó abeiro do previsto no devandito decreto foron realizadas as propostas de nomeamento por parte das correspondentes consellerías e da Federación Galega de Municipios e Provincias, así como por parte das asociacións de cooperativas e cooperativa de crédito, nestes últimos casos en función da súa representatividade, segundo os datos que constan no Rexistro Central de Cooperativas de Galicia.

Cómpre efectuar estes nomeamentos co obxecto de procura-lo inmediato funcionamento do consello,

polo que, de acordo coas propostas realizadas e facendo uso da autorización prevista na disposición derradeira primeira,

DISPOÑO:

Artigo 1º.

1. Noméanse membros do Consello Galego de Cooperativas en representación das cooperativas, ás persoas que se relacionan a seguir, propostas polas entidades que se indican:

-Pola Unión de Cooperativas Asociación Gallega de Cooperativas Agrarias:

-Titular primeiro: Venancio Manuel Rocha López

-Titular segundo: Manuel Carlos Gómez Díez

-Titular terceiro: Higinio Mougán Bouzón

-Suplente primeiro: José Luis López Vázquez

-Suplente segundo: Manuel García Montero

-Suplente terceiro: Miguel Ángel Louzao Meijomence

-Pola Unión de Cooperativas Agrarias de Ferrol:

-Titular: Manuel Domínguez Rodríguez

-Suplente: Marcelino Montero López

-Pola Unión de Cooperativa de Ensino de Traballo Asociado de Galicia:

-Titular: Miguel A. Filgueira Touriño

-Suplente: Olga Mª Rosa Amoedo Cabrera

-Pola Unión de Cooperativas de Trabajo Asociado UGACOTA:

-Titular: Mª del Mar Pernas Márquez

-Suplente: Ana Rosa Cornado Molina

-Pola Federación de Empresas Cooperativas SINERXIA:

-Titular: Baltasar Correa Rodríguez

-Suplente: Ramón Carmelo Rodríguez Padin

-Pola Caixa Rural de Lugo:

-Titular: José María Pardo Montero

-Suplente: José María Méndez Fernández

2. A duración do seu mandato será a prevista no artigo 6 do Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, iniciándose o seu cómputo, a partir da data de toma de posesión dos nomeados.

Artigo 2º.

1. En representación das consellerías e entidade que se indican e por proposta delas, noméanse os seguintes membros do Consello Galego de Cooperativas:

-Pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria:

-Titular: Secundino Grobas Mosquera

-Suplente: José Manuel Janeiro Caramés

-Pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura:

-Titular: Juan José Álvarez Pérez

-Suplente: Miguel López Sieiro

-Pola Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude:

-Titular: Justo De Benito Basanta

-Suplente: José Jaime López Cossío

-Pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

-Titular: Máximo García Serrano

-Suplente: Mar Pérez Marsó

-Pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

-Titular: Enrique Fernández González

-Suplente: José Crespo Iglesias

2. Noméase secretaria do Consello Galego de Cooperativas, e suplente do director xeral de Relacións Laborais neste órgano a María Coutinho Villanueva. Noméase como suplente da secretaria a María Dolores Tobío Barreira.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais