Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da iniciación do expediente sancionador de caza C-67/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, as iniciacións dos correspondentes expedientes sancionadores por infracción da Lei 4/1997, de caza en Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xullo).

Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias da Xunta de Galicia. A resolución será acordada polo delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda de la Muralla, 70, e presenta-las alegacións e documentos que considere convenientes na súa

defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 29 de xaneiro de 2001.

Luis Vázquez González

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: C-67/2000.

Denunciado: Eliseo Zas Iglesias.

DNI: 32.801.264.

Enderezo: r/ Cantábrico, nº 26-3º, A Coruña.

Feitos imputados: incumpri-las normas que regulan o adestramento de cans, ó adestrar catro cans de caza nun lugar prohibido, refuxio de fauna, sen autorización ningunha. Feitos constatados o día 16-10-2000, ás 20.35 h no refuxio de caza situado no monte de San Cibrao. Lugo.

Preceptos infrinxidos: 57.13º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 10.000 ptas.