Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2001 Páx. 3.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/74-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. praza Mancomunidade.

Situación: Boiro.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV, cunha lonxitude de 0,05 km, con orixe na L.M.T.S. e C.T. avda. Constitución (expediente 33/1995) C.T. grupo escolar (expediente 33930) conductor tipo R.H.V. y final na mesma liña unha vez que entre e saia do C.T. proxectado. Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V. Boiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña