Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Ramallosa (Estronor).
Situación: Teo.
Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV, cunha lonxitude de 0,835 km, con orixe na L.M.T.A. de alimentación ó C.T. Ramallosa (expediente 17577), conductor tipo R.H.V., e final no C.T.C. Ramallosa (Estronor). Centro de transformación, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V. Teo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 29 de xaneiro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña