Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2001 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a adquisición de instalación de Legato Networker en sete clúster para Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económica Financeira e Contable, para as delegacións territoriais e para as dependencias da Consellería de Economía e Facenda. (Expediente 9/2001).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702, Santiago de Compostela.

b) Número de expediente: 9/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Adquisición de Instalación de Legato Networker en sete clúster para o CIXTEC, para as delegacións territoriais e para as distintas dependencias da Consellería de Economía e Facenda.

b) Prazo de entrega: 15 días naturais a partir do outorgamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Once millóns cincocentas mil pesetas (11.500.000 pesetas) IVE incluído, equivalente a 69.117,64 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 230.000 pesetas.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación de documentación: o prazo de presentación da documentación rematará ás 14 horas do décimo quinto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificante da data de imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura das ofertas.

En acto público ás 13 horas do quinto día hábil seguinte, que non coincida en sábado, ó de finalización do prazo de presentación das proposicións no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2001.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable