Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador I-299/2000 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento, do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente, para examinalo, no Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47-5ª planta (Pon

tevedra), conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: I-299/2000.

Denunciado: Indemader, S.L.

Último enderezo coñecido: Polígono Pasaxe, 99, 36380 Gondomar.

Feito denunciado: vertedura de lixo no monte.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do Regulamento da LIF.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento da LIF.

Sanción: 50.000.

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE