Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto chamado L.M.T. e C.T. Bugarín-A Chan (concello de Ponteareas), a favor da empresa Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A. (Expediente 12-4/1998 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 26/19/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afec

tados pola execución do proxecto da liña de referencia, que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 13 de abril de 2000 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico), que o día 16 de marzo de 2001, a partir das 10 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Ponteareas, sinalados cos números:

Predios: PA-14.

Hora: 10.

Día: 16-3-2001.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 24 de xaneiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: A.T. 98/12-4

L.M.T. e C.T. Bugarín-A Chan Bugarín, TM Ponteareas.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

PA-14FreiríaPradoIndalecio González AlonsoA Costeliña, 3. Pías.

Ponteareas

32256