Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 09 de marzo de 2001 Páx. 3.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de xullo de 1999, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Carba.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación

do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de xullo de 1999, do que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Carba.

2. De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta do 1 de outubro de 1997 polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento dos concellos de Muras e Vilalba queda vin

culado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

Consecuentemente non se requirirá autorización urbanística previa para as instalacións incluídas no citado proxecto.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director general de Industria