Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 21 de novembro de 2000, relativo á adxudicación definitiva dunha emisora en ondas
métricas con modulación de frecuencia, resulta necesario dar publicidade ó mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 281/1997, do 9 de outubro, polo que se aproba o procedemento de contratación da xestión indirecta do servicio de radiodifusión sonora FM de carácter comercial, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e de acordo coa Orde do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo), que abre o prazo de presentación de solicitudes de emisoras de FM para a súa explotación polas corporacións locais. En consecuencia,
RESOLVO:
Ordena-la publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do 21 de novembro de 2000, polo que se adxudica definitivamente o servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia á Fundación LEA en Ourense; coas características técnicas que figuran no anexo á presente resolución.
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2001.
Rosanna López Salgueiro
Directora xeral de Comunicación Social
e Audiovisual
Anexo á Resolución do 21 de febreiro de 2001
O Consello da Xunta de Galicia, en reunión do día 21 de novembro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«Aproba-la concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia correspondente á Fundación LEA en Ourense, de acordo cos datos técnicos que figuran no anexo que se acompaña.
A frecuencia asignada queda condicionada, se é o caso, ó trámite de coordinación internacional.
A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo adoptará as medidas necesarias para a execución do presente acordo, conforme as funcións que lle atribúe o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo».
As características técnicas que se asignan a esta emisora son as seguintes:
Provincia: OR.
Concesionario: Fundación LEA.
Frecuencia (Mhz): 89.3.
Coordenadas: 07º 49' 28'' W
47º 21' 35'' N
Cota (m): 44.425.
Denominación da emisión: 256KF8EHF.
Potencia radiada aparente máxima (w): 4.000.
Potencia máxima nominal do equipo transmisor (w): 1.000.
Potencia de saída autorizada do equipo transmisor (w): 600.
Sistema radiante: 6 Dipolos, omnidireccional.
Altura sobre o chan do centro eléctrico da antena (m): 30.
Altura da antena sobre o chan: 20.
Altura efectiva máxima (m): 233.
Polarización: vertical.