Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2001 pola que se modifica o prego de prescricións técnicas regulador do concurso para a contratación do servicio de telefonía fixa.

A Alcaldía-Presidencia, mediante providencia do 26 de febreiro de 2001, adoptou a seguinte resolución:

Primeiro.-Modifica-la cláusula 1 do prego de prescricións técnicas para a prestación do servicio de telefonía fixa para o Concello da Coruña que quedará redactado como segue:

«1. Obxecto: o obxecto do presente documento é establece-las condicións técnicas e económicas que rexen a contratación dos servicios de telefonía fixa no Concello da Coruña».

Segundo.-Ordena-la publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP, aclarando que a duración do contrato será dun ano contado a partir da data da súa adxudicación, prorrogable antes da súa finalización por mutuo acordo do concello e contratista por outro ano máis ata un máximo de dous anos (incluíndo o período inicial e as súas prórrogas), sen que isto supoña unha interrupción no cómputo do prazo para a presentación de ofertas.

A Coruña, 26 de febreiro de 2001.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente-alcalde delegado de Contratación