Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CESURAS

INFORMACIÓN pública sobre proxecto expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta.

O alcalde-presidente do Concello de Cesuras (A Coruña), mediante Decreto do 22 de xaneiro de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados polas obras incluídas no proxecto técnico de axardinamento e pavimentación de rotonda viaria en Forte-Bragade, sendo a finalidade da expropiación a obtención de terreos destinados no planeamento a sistemas xerais, cal é a relación da obra anteriormente indicada.

Relación de propietarios e descrición dos bens e dereitos afectados.

* Predio nº 1.

-Propietarios: herdeiros de Andrés Marante Pedreira.

-Domicilios dos coñecidos: Rogelio Marante Balado: avenida Doctores Bermejo e Calderón, 44.-24320 Sahagún. León. Carmen Marante Balado: r/ Ronda de Nelle, 112, 4º dta. 15010, A Coruña. José Marante Balado: r/ Ramón Cabanillas, 29, 2º dta. 15007 A Coruña. Julio Marante Balado: r/ Ronda de Outeiro, 236, 4º esq. 15010 A Coruña. Crescencia Marante Balado: r/ Paseo de la Dirección, 83, 3º A, 28039 Madrid, e Antonio Ferreño Marante: r/ Enrique Dequit, 12,1º D. 15005 A Coruña.

-Situación: Forte-Bragade.

-Superficie total do predio: 966,78 m.

-Lindeiros: norte, Manuela Calvo Rilo; sur, camiño público; leste, José Antonio Vázquez López e oeste, praza do Concello e Purificación Vázquez Vascoy.

Datos catastrais: referencia catastral 5205401N H6850N0001I0. Valor catastral: 1.488.598 ptas.

-Superficie afectada pola expropiación: 263,65 m, cos seguintes lindes: norte, vivenda da mesma propiedade; sur, vía pública que desde a praza do Concello acceda á estrada estación-igrexa de Bragade; leste, José Antonio Vázquez López e oeste, praza do Concello.

-Dereitos afectados: tódolos derechos e, de se-lo caso, intereses patrimoniais lexítimos.

-Outros datos: o predio ten unha vivenda coa referencia catastral 5106516NH6850N0001KO.

* Predio nº 2.

-Propietarios: José Antonio Vázquez López e María Teresa Cata Brianso.

-Domicilio: r/ Soler y Ruvirosa, 7, 9, 2º-3º 08018 Barcelona.

-Situación: Forte-Bragade.

-Superficie total do predio: 580, 25 m, segundo recente medición, e 654 m segundo o rexistro da propiedade.

-Lindeiros: norte, Manuela Calvo Rilo; sur, camiño público; leste, Francisca Vázquez Moar e oeste, herdeiros de Andrés Marante.

-Datos catastrais: referencia catastral 5205601N H6850N0001HO. Valor catastral: 1.217.305 pesetas.

Superficie afectada pola expropiación: 144,14 m, cos seguintes lindes: norte, vivenda da mesma propiedade; sur, vía pública que desde a praza do Concello acceda á estrada estación-igrexa de Bragade; leste, Francisca Vázquez Moar e oeste, herdeiros de Andrés Marante Pedreira.

-Dereitos afectados: tódolos dereitos e, de se-lo caso, intereses patrimoniais lexítimos.

Outros datos: inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos (A Coruña) a nome dos indicados propietarios, inscrición segunda, predio núm. 11.487, folio 16 do tomo 1.298 xeral, libro 106 de Cesuras, cunha vivenda (referencia catastral 5106517N H6850N0001RO)

* Predio nº 3.

-Propietaria: Francisca Vázquez Moar.

-Domicilio: 38 A-Hércules, Rosei. Londres. Reino Unido.

-Situación: Forte-Bragade.

-Superficie total do predio: 1.230,24 m, según recente medición, e 1.377 m segundo o Rexistro da Propiedade.

-Lindeiros: norte, casa, inculto e labradío de herdeiros de Antonio Marante (segundo o Rexistro da Propiedade) e Manuela Calvo Rilo e José Antonio Calvo Pedreira, na realidade; sur, casa, inculto e labradío de Emilia Sánchez Penas (segundo Rexistro da Propiedade) e camiño público, na realidade; leste, muro y gabia que a pecha e separa de monte de herdeiros de Juan Calvo (segundo o Rexistro da Propiedade) e Manuel Manteiga Rodríguez na realidade e oeste, camiño que do lugar de Forte conduce á estación de Cesuras (segundo o Rexistro da Propiedade) e José Antonio Vázquez López e María Teresa Cata Brianso, na realidade.

-Datos catastrais: referencia catastral 5205602N H6850N0001WO. Valor catastral: 2. 267.839 pesetas.

-Superficie afectada pola expropiación: 290,81 m, cos seguintes lindes: norte, vivenda da mesma propiedade e vivenda que habita Alfredo Rilo Gestal; sur, estrada estación-igrexa de Bragade; leste, estrada estación-igrexa de Bragade e oeste, José Antonio Vázquez López e María Teresa Cata Brianso.

-Dereitos afectados: tódolos dereitos e, de se-lo caso, intereses patrimoniais lexítimos.

-Outros datos: inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos (A Coruña) a nome da indicada propietaria, inscrición primeira, predio núm. 10691 folio 70 do tomo 1.255 xeral, libro 101 de Cesuras, cunha vivenda (referencia catastral 5106518NH6850N0001DO).

O que se somete a información pública por prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, La Voz de Galicia e taboleiro de edictos do concello, para que quen poida resultar interesado for-

mule as observacións e reclamacións que estime convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

De acordo co establecido nos artigos 59.4º e seguintes da Lei 30/1992, o presente anuncio, xunto co que se publique no taboleiro de edictos do concello, servirá de notificación respecto ós posibles interesados descoñecidos e a pluralidade indeterminada de persoas que formen a comunidade hereditaria de Andrés Marante Pedreira.

Cesuras, 23 de xaneiro de 2001.

Julián Lucas Ramírez

Alcalde en funcións