Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.947

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2001 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Tecnoloxía da Información e as Comunicacións, a Bernardino Arcay Varela.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 26 de abril de 2000 (BOE do 23 de maio), para a provisión da praza nº 00/021 de catedrático de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Técnoloxía da Información e as Comunicacións desta universidade, a favor de Bernardino Arcay Varela, e unha vez acreditados polo interesado a que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Bernardino Arcay Varela catedrático de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Tecnoloxía da Información e as Comunicacións, desta universidade.

A Coruña, 8 de febreiro de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña