Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.931

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 23 de febreiro de 2001 pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvenciona-la realización de estudios e proxectos por parte das entidades locais de Galicia para o fomento do asociacionismo municipal, así como para a fusión ou incorporación voluntaria de municipios.

Á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 161/2000,do 29 de xuño, compételle, entre outras materias, o relativo ás relacións coas

corporacións locais, que en cumprimento do establecido nos artigos 120 e 136 da Lei 5/1997 do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, vén colaborando coas entidades locais galegas, para fomenta-la constitución de mancomunidades de municipios e áreas metropolitanas, co fin de favorece-lo asociacionismo municipal. Co obxecto de reforzar estas fórmulas de asociacionismo e colaboración, na presente convocatoria inclúese, ó abeiro do artigo 152 desta lei, a posibilidade de subvencionar tamén estudios e proxectos para a constitución de consorcios locais; ademais e neste contexto, con

sidérase tamén necesario por mandato do artigo 13 da Lei de Administración local de Galicia, fomentar proxectos de fusión de municipios ou para a incorporación voluntaria a outros. Todo isto para favorecer mecanismos de xestión dos intereses locais que permitan facer fronte ás novas esixencias de servicios públicos demandados polos veciños con organizacións fortes e dotadas de medios suficientes.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e beneficiarios.

Establécense subvencións en réxime de concorrencia competitiva en favor das entidades locais de Galicia, destinadas á realización de estudios e proxectos que sexan necesarios para a constitución de mancomunidades, áreas metropolitanas e consorcios a que se refiren os artigos 120, 136 e 152 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, así como para a fusión de municipios ou para a incorporación voluntaria a outros prevista no artigo 13 desta lei.

Así mesmo, poderán subvencionarse os gastos que o funcionamento destas entidades orixinen, sempre e cando se refiran á prestación de servicios de carácter obrigatorio para os municipios asociados.

Artigo 2º.-Crédito.

Estas subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.461.0, Programa 123.A. dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001, ata un límite de dezaseis millóns de pesetas (16.000.000 de pesetas).

A axuda económica que se conceda poderá acada-lo 80% do total do orzamento presentado.

Artigo 3º.-Iniciación.

1. As entidades locais que desexen acollerse ós beneficios desta orde elevarán petición, por medio de instancia dirixida ó conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo modelo que figura como anexo desta orde, e presentarana no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no das delegacións provinciais ou en calquera outro dos que establece o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de trinta días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:

a) Certificación do acordo da entidade local ou entidades locais interesadas polo que se acorda rea

liza-lo/s proxecto/s ou estudio/s, así como as súas condicións e a aceptación de tódolos requisitos establecidos na presente orde.

b) Memoria xustificativa do proxecto ou estudio incluíndo as determinacións previstas na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia para a iniciativa de que se trate.

c) Orzamento detallado do estudio ou proxecto.

d) Memoria detallada na que se recollan as previsións de actividades que se van realizar, cunha valoración estimativa do que as ditas actividades van xerar.

e) Declaración de conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para un mesmo proxecto ou actividade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos (Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia).

3. A licitación, se é o caso, e adxudicación dos proxectos ou estudios será realizada polas entidades locais conforme a súa propia normativa, dándolle conta deste acto á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais mediante certificación expedida polo secretario xeral da corporación.

Artigo 4º.-Instrucción.

A valoración das solicitudes presentadas basearase nos seguintes criterios:

a) Relación de obras, servicios ou actividades que vai desenvolve-la nova entidade.

b) A poboación e extensión dos termos municipais integrados.

En todo caso, os proxectos que se presenten atenderanse coa seguinte orde de prioridade:

-Proxectos de fusión de municipios ou para a incorporación voluntaria a outros.

-Proxectos de constitución de mancomunidades de municipios, áreas metropolitanas e consorcios.

-No caso de que a solicitude se dirixa á realización de gastos correntes, entenderanse fundamentais as características de servicio ou actividade para o cal se solicita, en especial no que se refire ó carácter de esencial da actividade programada.

Artigo 5º.-Resolución e notificación.

1. Recibidas as solicitudes de subvención e a súa documentación, serán analizadas polos servicios competentes da Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, emitíndose o correspondente informe.

2. O director xeral de Administración Local elevará a correspondente proposta ó conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, quen resolverá.

A resolución notificaráselles a tódolos beneficiarios da subvención na forma prevista no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Conforme o disposto no artigo 44.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de non notificarse resolución no prazo de seis meses contados desde a publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. Todo iso sen prexuízo do establecido nos artigos 42 e 43 da devandita lei.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 6º.-Libramento de fondos.

1. Os beneficiarios das subvencións, unha vez aceptadas estas, nun prazo de quince días hábiles, contados a partir da recepción da resolución, quedarán obrigados a destina-los fondos percibidos co obxecto concreto para o que foron concedidos. A Dirección Xeral de Administración Local poderá comprobar, cando o considere conveniente, o cumprimento da finalidade da axuda.

2. Os beneficiarios da subvención presentarán copia do proxecto ou estudio redactado, así como facturas orixinais do gasto, ou copias compulsadas delas, por triplicado, antes do 15 de outubro de 2001, inescusablemente.

3. Así mesmo, no momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia).

4. No caso de que a subvención se solicite para a realización de gastos correntes, será necesaria a

presentación dunha certificación acreditativa da súa realización, así como as súas facturas xustificativas, Así mesmo, presentarase unha memoria na que se detallen as actuacións e realizacións nas que estes se produciron.

5. O beneficiario ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Artigo 7º.-Modificación das resolucións de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda ou, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, tal como se establece no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 8º.-Control.

No caso de que o beneficiario da axuda incumprise algunha das condicións ou obrigas estipuladas, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anulará os beneficios concedidos, e conforme o disposto no artigo 78.5º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, solicitará a devolución das cantidades percibidas, se as houbese, xunto cos xuros de demora que deba aquel, segundo o procedemento que establece o Decreto 287/2000, do 21 de novembro; e, se procede, instruirá expediente sancionador, conforme o previsto no citado decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Administración Local para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-En todo o non previsto nesta orde, haberá que se ater ó disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e

Relacións Laborais