Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.914

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 50/2001, do 8 de febreiro, polo que se desafectan do dominio público diversos inmobles das antigas cámaras agrarias locais da Baña, Muxía, Viveiro, Calvos de Randín e Tomiño.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu punto tres establece que: «o Consello da Xunta, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles para os fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes».

Tendo en conta as solicitudes de cesión de uso presentadas, así como os informes favorables da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 21 de xuño de 1996, 26 de outubro de 1998, 25 de outubro e 7 e 30 de novembro de 2000, foi tramitado pola Consellería de Economía e Facenda, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 3/1985, expediente de desafectación do dominio público de varios inmobles.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deli

beración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de febreiro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctanse do dominio público os bens descritos a continuación:

1. Terreo de 7.687 m, no sitio de Cereixe, parcela nº 66 da zona de concentración parcelaria de Lañas, municipio da Baña (A Coruña). Estrema: norte, zona excluída; sur, Generosa Oca Nieto e Gustavo Nieto Guerra; leste, zona excluída e Generosa Oca Nieto; e oeste, camiño construído polo Servicio de Concentración Parcelaria.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira no tomo 742, libro 150, folio 193, predio nº 16.887-N, inscrición 3ª.

2. Edificio de planta baixa e alta de 100 m por andar asentado sobre un soar de 318 m, no lugar dos Muíños, municipio de Muxía (A Coruña). Estrema: norte, camiño público de seis metros de largo e parede que choe a horta da casa de José Graíño López; sur e oeste, estrada que dos Muíños conduce á estrada xeral da Coruña a Fisterra, pola Pereiriña; leste, camiño de catro metros de ancho e despois parede que pecha a propiedade de Antonio Barros Arosa.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Corcubión no tomo 399, libro 88, folio 212, predio nº 8.357, inscrición 4ª.

3. Parcela de terreo de vinte metros de fronte por catorce de fondo, que conforman 280 m, no sitio de Souto Velo, parroquia de Magazos, municipio de Viveiro (Lugo). Linda leste, estrada de Viveiro a Lugo; sur e oeste, camiño; e norte, herdeiros de Antonio Pernas Maciñeira. Neste terreo atópase edificada unha casa de planta baixa con porta de entrada pola estrada e outra ó oeste e dúas máis ó fronte. Consta ademais dun oco ou faiado para servicio do baixo.

4. Edificio de planta baixa de 171 m, construídos sobre soar de 276 m de superficie, que forma un rectángulo de 23 m de fronte por 12 de fondo, no lugar de Bandeira ou Trabanca, Calvos, municipio de Calvos de Randín (Ourense). Estrema: norte e oeste, predio matriz hoxe Manuel Gómez Toro; sur, camiño; leste, estrada de Bande á fronteira portuguesa.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia no tomo 626, libro 62, folio 80, inscrición 3ª.

5. Edificio dedicado a local de oficinas e galpón anexo pola parte leste e terreo unido, no sitio do Mosteiro, municipio de Tomiño (Pontevedra), de 300 m, dos que corresponde á edificación 174 m. Linda polo oeste coa estrada xeral de Gondomar á Guarda.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Tui no tomo 695, libro 162, folio 184, predio nº 18.824, inscrición 2ª.

Artigo 2º

Os inmobles anteriormente descritos adquiren natureza patrimonial.

Santiago de Compostela, oito de febreiro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA