Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 07 de marzo de 2001 Páx. 2.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial de expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola urbanización e ampliación da rúa Doutor Cadaval (expediente 114/413).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 21 de decembro de 2000, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta,

para a obtención dos bens e dereitos afectados polo proxecto de urbanización e ampliación da rúa Doutor Cadaval, redactado polos servicios técnicos da xerencia en novembro de 1999.

Segundo.-Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, con notificación individual ós que aparecen como titulares de bens ou dereitos no expediente, nos termos do artigo 145, puntos 2.3.4 da Lei do solo de Galicia.

Terceiro.-Instar do rexistrador da propiedade certificación de dominio e cargas dos bens afectados pola expropiación, ó abeiro do establecido no artigo 22 do R.D. 1093/1997, do 4 de xullo».

Procédese ó trámite de información pública do citado proxecto significando que o prazo de exposición se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o último anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 20 de febreiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo