Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 07 de marzo de 2001 Páx. 2.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o día 26 de febreiro de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de compensación do polígono 4, do Plan Xeral de Ordenación Municipal, sito na Barca, promovido pola sociedade Inmobiliaria Urbis, S.A., como propietario único, redactado polo arquitecto José Luis Pereiro Alonso, aprobándose igualmente a valoración do 10% do aproveitamento urbanístico que corresponde ó concello no polígono, segundo informe realizado pola Sociedade de Taxacións Inmobiliarias (Tinsa).

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 102 e 133 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, durante o prazo de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, podendo examinarse o dito documento no Servicio Municipal de Urbanismo e presentarse as alegacións correspondentes no dito prazo.

Poio, 27 de febreiro de 2001.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde