Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 07 de marzo de 2001 Páx. 2.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2001 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, trámite de urxencia e tramitación anticipada, para a contratación da asistencia técnica para a adaptación dos sistemas de información residentes no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable ó euro. (Expediente 18/2000).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec); rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702, Santiago de Compostela.

b) Número de expediente: 18/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Asistencia técnica para a adaptación dos sistemas de información residentes no Cixtec ó euro.

b) Prazo de execución: o prazo de execución será desde a data do asinamento do correspondente contrato ata o 31 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxencia e anticipación do gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Setenta e cinco millóns de pesetas (75.000.000 de ptas.), IVE incluído, equivalente a 450.767,21 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 1.500.000 ptas.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación de documentación: o prazo de presentación da documentación rematará ás 14 horas do día 29 de marzo de 2001.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado, e dentro do prazo sinalado, presentaranse

no rexistro xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificante da data de imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura das ofertas.

En acto público ás 13 horas do día 3 de abril de 2001, no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ó DOCE: 6 de febreiro de 2001.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2001.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable