Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 06 de marzo de 2001 Páx. 2.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 26 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, relativo á solicitude dun permiso de investigación nos concellos da Capela e San Sadurniño.

A Delegación Provincial da Coruña fai saber que, José Manuel Fidalgo Alonso, con domicilio na rúa Virgen de la Vega nº 2, Manzanares El Real, Madrid, presentou nesta delegación provincial o día 5 de outubro do 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación San Jerónimo de 96 cuadrículas mineiras para os recursos da sección C, nos termos municipais da Capela e San Sadurniño da provincia da Coruña, correspondéndolle o nº 7027 da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 04' 00"43º 29' 00''

28º 00' 00"43º 29' 00''

38º 00' 00"43º 27' 20''

48º 02' 00"43º 27' 20''

58º 02' 00"43º 25' 20''

68º 04' 00"43º 25' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que calquera que se considere interesado, interpoña reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

A Coruña, 26 de decembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña