Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 06 de marzo de 2001 Páx. 2.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/10-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: U. Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32045 Ourense.

Denominación: L.M.T. ó centro entrega de enerxía de Implasor.

Situación: Polígono San Cibrao das Viñas.

Características técnicas: liña a 20 kV subterránea de 360 m de lonxitude, en conductor 12/20 kV derivada desde a liña subterránea ó centro de reparto parque tecnolóxico chega ó centro de entrega de enerxía a Implasor na rúa 9 nº 21 e sae para rematar na liña sub. ó C.T. 8 do polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 26 de xaneiro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense