Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2001 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación do expediente 656/2001 e dous máis.

Contratos administrativos especiais.

Expediente nº: 656/2001.

Obxecto: cafetería-comedor para a Facultade de Ciencias e Humanidades.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Canon mínimo: 325.000 pesetas anuais.

Garantía provisional: non se pide.

Asistencias e servicios.

Expediente nº: 657/2001.

Obxecto: Plan de comunicación e identidade corporativa da USC.

Localidade: Santiago de Compostela/Lugo.

Provincia: A Coruña/Lugo.

Importe de licitación: 7.500.000 pesetas, IVE incluído.

Garantía provisional: 150.000 pesetas.

Prazo de execución: 5 meses.

Expediente nº: 658/2001.

Obxecto: redacción dun estudio do Plan integral de mobilidade do Campus Sur.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 8.500.000 pesetas, IVE incluído.

Garantía provisional: 170.000 pesetas.

Prazo de execución: 5 meses.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición dos obxectos: os arriba indicados para cada expediente.

b) Número de unidades que se van entregar/executar: o especificado nos pregos de cláusulas.

c) Lugar de entrega/execución: Santiago de Compostela/Lugo.

d) Prazos de entrega/execución: os mencionados para cada expediente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamentos de licitación.

Importes totais: os indicados anteriormente.

5. Garantías.

Provisionais: as citadas en cada expediente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar nos concursos poderá ser consultada ou retirada na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2 (galerías) Santiago de Compostela, (teléfono 981 58 89 38) ou na copistería Unicopia, Facultade de Veterinaria, Pavillón de

Aulas, Campus Universitario de Lugo (teléfono 982 28 59 00, ext. 22475).

Obtención de información:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 57 25 00.

e) Fax: 981 54 70 98.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

a) Clasificación: a indicada en cada expediente.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se ten que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rectorado, Rexistro Xeral.

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

Domicilio: servicios centrais do Campus de Lugo (edificio Biblioteca Intercentros).

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: a mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este día fose inhábil ou coincidise en sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2001.

O rector

Rubricado