Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución dos expedientes de desafiuzamento por ocupación sen título D.OU-07/2000 e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las resolucións dos expedientes de desafiuzamento por ocupación sen título, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Os interesados poderán presentar contra a devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, recurso de alzada no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podéndoo interpoñer ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento de

VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Ourense, 29 de xaneiro de 2001.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente D.OU-07/2000 (ocupación sen título).

Ocupante: Aníbal Gato Martínez.

Enderezo coñecido: praza 500, bloque J, baixo B. 32005 Ourense.

Feitos imputados: ocupación dunha vivenda de protección oficial, promoción pública do expediente OR-92/502, sen título legal.

Precepto aplicable: artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e artigo 138.2º do Regulamento de vivendas de protección oficial, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

-Expediente D.OU-08/2000 (ocupación sen título).

Ocupante: Teresa Montoya Escudero.

Enderezo coñecido: Grupo 1º de Maio, bloque XIV, 3º dereita. 32600 Verín.

Feitos imputados: ocupación dunha vivenda de protección oficial, promoción pública do expediente OR-82/030, sen título legal.

Precepto aplicable: artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e artigo 138.2º do Regulamento de vivendas de protección oficial, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

-Expediente D.OU-12/2000 (ocupación sen título).

Ocupante: Mª José Neira Otero.

Enderezo coñecido: Grupo Portovello, torre 2, 4º C. 32004 Ourense.

Feitos imputados: ocupación dunha vivenda de protección oficial, promoción pública do expediente OR-83/010, sen título legal.