Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos estatutos da Asociación de Ganaderos de Carne del Municipio de Covelo (Agapar).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Asociación de Ganaderos de Carne del Municipio de Covelo (Agapar)e mailos novos estatutos , que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: municipal.

Profesional: gandeiros de producción cárnica.

Asinan a acta de constitución: José Rodríguez Martínez e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 2 de febreiro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra