Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2001, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XC-00557-S-2000 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 do Banco Bilbao-Vizcaya, Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 23 de xaneiro de 2001.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00557-S-2000

PO-0347-BG

G.C. de Tráfico

María Perla Fernández Fernández

Gándara Guillarei, 12-2º D

36720 Tui (Pontevedra)

Realizar un transporte privado complementario de mercadorías desde Santiago de Compostela a Muros, carecendo de tarxeta de transporte.

11-4-2000; 8.40; C-550; 8

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/199050.000
XC-00836-S-2000

C-8656-AZ

G.C. de Tráfico

Hugo Mario Olego Neto

Urb. O Valiño-O Carballo, 5

15173 Oleiros (A Coruña)

Transportar no vehículo indicado, sacos de penso para o seu reparto en distintas aldeas do concello de Rois, carecendo de tarxeta de transporte.

3-5-2000; 19; C-543; 21

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/199025.000
XC-00899-S-2000

C-0865-AH

G.C. de Tráfico

Manipulación e Tte. de Vehículos, S.L.

Avda. de la Florida, 197

36201 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando sacos de comida para cans e diversos productos de droguería, carecendo de tarxeta de transporte.

23-5-2000; 9.55; N-550; 78,500

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/199050.000