Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2001 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, do servicio de mantemento da xardinería interior nos servicios centrais da Xunta de Galicia.

1. Obxecto: servicio de mantemento da xardinería interior nos servicios centrais da Xunta de Galicia.

2. Orzamento: 9.683.757 pesetas (58.200,551 euros).

3. Garantía provisional: 193.675 pesetas (1.164,01 euros).

4. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Documentos de interese para os litadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela, e no enderezo da Internet: http.//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=136.

6. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de quince días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

7. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), á dez horas do terceiro día natural, contado desde o seguinte ó do termo do prazo para pesenta-las ofertas. Se este fose inhábil ou sábado, a apertura levarase a cabo o seguinte primeiro día hábil.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o aboará con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública