Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.737

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns.

Vista a acta da revisión salarial do convenio colectivo para o sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns, con nº de código 3600215, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-1-2001, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Madeira (Asema), e Asociación de Fabricantes e Comerciantes do Moble da Estrada (AFCM), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, con data do 18-1-2001. De conformidade co disposto no artigo 25 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta

delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de xaneiro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de carpintería,

ebanistería e actividades afíns da provincia

de Pontevedra

Asistentes:

CC.OO.:

Marcos González Oliveira.

CIG:

Xosé Xoán Melón González.

UGT:

Ramón Carrera Molares.

Representación empresarial:

Enrique Cameselle Taboada. Asema.

Pablo González López. Asema.

Félix Rodríguez Regueiro. AFCM.

Secretaria de actas:

Ana Mª Martín Herrero.

En Vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día 18 de xaneiro de 2001, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de traballo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra, co obxecto de aplica-la cláusula de revisión salarial establecida no convenio.

O artigo 25. Revisión salarial, establece que no caso de que o IPC rexistraxe o 31 de decembro de 2000 un incremento respecto do 1 de xaneiro superior ó 2,25%, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita procentaxe. O IPC o 31 de decembro dese ano rexistrou un incremento respecto do 1 de xaneiro do 4%, polo que se debe efectuar unha revisión salarial do 1,75% que se pagará con efectos do 1 de xaneiro de 2000, e que afecta os seguintes conceptos económicos.

ANEXO I

Táboa de salarios 2000

Salario

base

Compensación

antigüidade

Retribución

total

Persoal de taller
Encargado xeral, xefe de taller122.4464.500126.946
Encargado de sección, de producción121.8064.500126.306
Oficial preparador-trazador120.9724.500125.472
Oficial de 1ª119.5684.500124.068
Oficial de 2ª117.2394.500121.739
Axudante115.9084.500120.408
Peón113.1314.500117.631

Persoal administrativo e técnico
Xefe de oficina, de oficina técnica, analista, programador139.0844.500143.584
Oficial 1ª, delineante técnico especialista, programador124.2754.500128.775
Oficial 2ª, delineante técnico auxiliar, operador117.2394.500121.739
Auxiliar administrativo, telefonista115.6244.500120.124
AprendicesSMI

Artigo 30º.-Axudas de custo.

Axuda de custo completa con pernocta: 5.929 pesetas.

Axuda de custo completa: 4.096 pesetas.

Media axuda de custo: 1.940 pesetas.

Acórdase a súa remisión á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no

Diario Oficial de Galicia. Autorízase a Ana Mª Martín Herrero para levar a cabo as xestións necesarias. Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as dezaoito horas do día arriba indicado.