Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 02 de marzo de 2001 Páx. 2.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución formulada polo instructor do expediente 85.1/1999, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a citada Lei 30/1992, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, na súa condición de interesado, a proposta de resolución que formula o instructor, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción a Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (no sucesivo LC), e do seu regulamento (en diante RC).

O que se lle comunica ó interesado, de conformidade cos artigos 19.1º do R.D. 1398/1993 e 194.10º do Regulamento de costas, para que no prazo de quince (15) días, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poida obte-las copias dos documentos que constan no expediente que estime oportunos e formula-las alegacións e presenta-los documentos que crea pertinentes, perante o instructor do procedemento.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 85.1/1999.

Interesados: José Luis Pérez Rodríguez e Mª Pilar Outeiriño Aguiar.

Condición: propietarios actuais.

Último enderezo coñecido: r/ Mestre Monte, nº 6, 3º D, Vigo.

Data da proposta: 23-11-2000.

Feitos: instalación dunha casa prefabricada e peche de parcela.

Lugar: As Aceñas.

Concello: A Illa de Arousa.

Proposta: en aplicación dos artigos 95.1º e 97.1º da LC e artigos 179.1º e 180 b) do RC, proponse a imposición a José Pérez Fernández, na súa condición de promotor, dunha multa de seiscentas dezanove mil setecentas dez pesetas (619.710 pesetas), que deberá aboar ingresando na conta nº 2091-0388-90-3110001181 da oficina de Caixa Galicia en Pontevedra, a citada cantidade, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que recaia e que se lle ordene volve-los terreos nos que se executou a obra obxecto deste expediente ó seu primitivo estado, debendo realizalo no prazo dun mes, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que sobre o particular recaia. Transcorrido o prazo sen que se cumprise o ordenado, imporáselle unha multa coercitiva por importe de sesenta e unha mil novecentas setenta e unha pesetas mensuais (61.971 pesetas) ata a súa total execución,

procedéndose á súa execución subsidiaria por conta do infractor e á súa custa, no caso de que este non o leve a cabo.