Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2001 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: a contratación polo Concello de Santiago de Compostela, como tomador da póliza, dun seguro de accidentes que cubra os riscos persoais recollidos no convenio colectivo do concello, para o persoal ó servicio do Concello de Santiago de Compostela.

Orzamento de contratación: o tipo máximo de licitación, como importe máximo da prima, establécese en 2.900.000 pesetas.

Efecto do seguro: desde as 0 horas do 27 de marzo de 2001 e con carácter anual prorrogable ata un máximo de catro anos.

Extensión da cobertura: os asegurados quedan amparados por esta póliza durante as 24 horas, tanto

na súa vida ordinaria e particular coma no exercicio da súa profesión.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela das 9 ás 14 horas, durante 15 días naturais, que comezarán a contarse desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Documentación:

-Información: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

-Documentación: Copy Nova; Rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantías:

-Provisional: 2% do tipo de licitación.

-Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría), ás 12 horas o segundo día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

En..., ... de... de 2001.

O licitador (asinado e rubricado)

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2001.

P.D.

Luis Toxo

Teniente de alcalde