Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña
Denominación: L.M.T., C.T. vivendas Teo.
Situación: Teo.
Descricións técnicas: que, coa finalidade de dar servicio a unhas vivendas en Montouto, concello de Teo, se proxecta a instalación: L.M.T.S., C.T. vivendas Teo. Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,34 km, con orixe no C.T. hotel Congreso, conductor tipo R.H.V., e final no C.T. proxectado. Centro de transformación, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 23 de xaneiro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña