Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/338-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña

Denominación: L.M.T.S., C.T.(S) estrada de Castela.

Situación: Narón.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15 kV, cunha lonxitude de 1,187 km, con orixe no C.T. Souto Vizoso (expediente 52710), conductor tipo R.H.V., e final nos C.T.(S) proxectados. Centro de transformación prefabricado (C.T.-1), cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V. Centro de transformación prefabricado (C.T.-2), cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V. Concello de Narón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña